Anotacións etiquetadas: ‘cabezota’
Atopamos unha nova en varios diarios galegos. Esta noticia di o seguinte:
"O BNG rexeita as acepcións de "covarde, falso ou tacaño" para definir os galegos"
O deputado e portavoz en materia lingüística do BNG, Bieito Lobeira vén de presentar unha pregunta ao Goberno Galego sobre as medidas que vai adoptar fronte á publicación do libro "Hablar bien no cuesta nada", publicado recentemente pola Editorial Temas.
Neste volume aparecen como sinónimos de "gallego" acepcións como: covarde, embusteiro, avaricioso, falso hipócrita, descarado, gorrón, cabezota, terco, tacaño e fanfarrón, entre outras.
O deputado nacionalista quere salientar que esta non é a primeira vez que feitos como este se producen e lembrou o libro de "Chistes de gallegos" editado por Planeta ou os insultos que se verten no Dicionario da "Real Academia de la Lengua española", o que considerou " unha auténtica literatura xenófoba".
Esta actitude, di Lobeira, "crea un caldo de cultivo que propicia o desprezo, a humillación e a caricatura de Galiza e do pobo galego".
Finalmente, o deputado do BNG quer saber que medidas tomará o Goberno galego ante a publicación do libro de Pancracio Celdrán no que ?ao seu xuízo- propaga tópicos absurdos e vexatorios para Galiza e todos os galegos."
Érache o que che nos faltaba! Agora a "tonto" e "tartamudo" hai que engadir todos os adxectivos transcritos con anterioridade e que non merecen ser escritos de novo para non voltar "emporcar" esta entrada. Garipano non ficará calada perante esta nova. Tentaremos procurar o libro, lelo, investigar e poñernos en contacto co autor que se lle deu por publicar semellantes insultos e desprestixios cara un pobo!!
Tags: avaricioso, cabezota, covarde, descarado, desprestixios, embusteiro, falso, fanfarrón, galicia, galiza, gallego, gorrón, hipócrita, insultos, novos, tacaño, terco, termo



