Cambiando de temaArquivo para a categoría ‘‘

Gustaríanos facer un inciso e un cambio na categoría que demos en chamar "libros en galego". Debido á enorme cantidade de libros que se van publicando en galego e debido a falta de tempo e recursos humanos, decidimos incorporar nesta categoría todos aqueles libros de literatura infantil e xuvenil que vaian xurdindo, mais deixaremos de nomear as novidades que aparezan para adultos xa que tamén nos gustaría atender os diversos estilos máis alá da literatura, o que provoca que non teñamos o tempo suficiente para poder realizar este cometido. Aínda así, faremos referencia a aquelas obras que teñan unha certa repercusión e éxito na sociedade galega.

Incorporamos nesta entrada todas as editoriais que coñecemos e existentes na Galiza, por se os lectores/visitantes deste blogue prefiren buscar por sí mesmos novidades que vaian xurdindo.

AGAL Editora

Alvarellos Editora

Andavira Editora

Baía Edicións

Biblos Clube de Lectores

Difusora de Letras, Artes e Ideas

Dos Acordes

Edicións A Nosa Terra

Edicións do Castro

Edicións do Cumio

Edicións Embora

Edicións Laiovento

Edicións Lea

Ediciones Linteo

Edicións Lóstrego

Edicións Positivas

Editorial Galaxia

Editorial Netbiblo

Editorial Novos Vieiros

Editorial Toxosoutos

GZ Editora

Ir Indo Edicións

Kalandraka Editora

Nova Galicia Edicións

Ouvirmos

Rinoceronte Editora

Sotelo Blanco Edicións

TresCTres

Urco Editora

Xerais

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
15
xan

Queremos Galego, sindicatos, comités estudantís…chaman á folga no ensino!!

   Publicado por: Asociación Cultural Garipano

 

Despois dun tempo sen poder actualizar por falta de tempo (estamos nunha tempada dura e chea de traballo), renovamos o noso blogue, desta vez facendo un chamamento aos nosos seguidores, e, en xeral, a toda a poboación galega para que o 21 de xaneiro do 2010 acuda á folga no ensino convocada pola plataforma Queremos Galego, por diversos sindicatos e comités estudantís, contra o novo decreto do galego (mellor dito, contra o novo decreto contra o galego) que sairá da Alameda de Santiago de Compostela ás 11:30a.m. É preciso que a sociedade galega mostre nesta manifestación a súa repulsa ante este decreto que reducirá moi visiblemente a presenza do galego no sistema educativo, nun momento no que o galego está a vivir os peores datos de uso da súa historia.

Deixámosvos unha nova onde se fala da convocatoria desta folga. Tirámola do xornal dixital "A Peneira".

"A plataforma cidadá Queremos Galego presentou en roda de prensa a campaña informativa que realizará en toda Galicia para chamar a profesores e alumnos a participar na folga xeral do 21 deste mes, en protesta polo borrador de Decreto de galego presentado pola Xunta que, segundo a organización, representa "a peor involución para o galego nos 30 anos de etapa autonómica".

Esta agrupación, integrada pola Mesa, CIG-Ensino, o Sindicato de Traballadoras e Traballadores de Galicia (STEG), a Asociación Socio-Pedagóxica de Galicia (AS-PG), o Sindicato de Estudantes, Iniciativa Estudiantil e varia asociacións de pais de alumnos e coordinadoras comarcais de equipos de normalización e dinamización lingüística, distribuirá 75.000 folletos, 50.000 carteis e 100.000 adhesivos en toda a rede de centros educativos do país.

O presidente da Mesa e voceiro de Queremos Galego Carlos Callón denunciou que o Decreto é "nulo" desde o punto de vista xurídico e que vai en contra das recomendacións de instancias internacionais como o Consello de Europa. Ademais, Callón afirmou que o desemprego do 21 de xaneiro será en defensa "dos consensos básicos construídos para ou galego en democracia, igualdade e convivencia", indicou.

Lembrou ademais que diversos estudos como o realizado polo Instituto Nacional de Estatística ou polo Consello da Cultura Galega refliten que un 20% do alumnado finaliza a ensino secundario obrigatoria "sen competencias suficientes para expresarse en galego", polo que, segundo Callón, o borrador presentado por Feijóo "afondará non fracaso escolar" dos estudantes da autonomía.

Un diálogo complicado

Desde a plataforma declararon que acudirán a un proceso de diálogo co Goberno do PPdeG, "sempre e cando non sexa unha pantomima" e engadiron que será "complicado" conseguir un acordo con "quen xa de entrada afirma que o decreto será aprobado si ou si", como, segundo Carlos Callón, manifestoulle nunha entrevista o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad.

Por último, o colectivo apelou ao conxunto da sociedade para que asista á manifestación convocada tamén o 21 de xaneiro ás 11,30, e que sairá da Alameda de Santiago de Compostela e finalizará en San Caetano."

 

Para máis información sobre a manifestación, acudide á páxina web de Queremos Galego: http://www.queremosgalego.org

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Como ben sabedes, de cando en vez introducimos recursos feitos totalmente na Galiza  para que a xente que non os coñeza e que nos visite poda descubrilos e comezar a gozar deles.
Esta vez tócalle a quenda a Chuza!, un sitio de novas galegas  moi similar a Menéame. Para presentarvos este sistema, decidimos reproducir algunhas das preguntas máis frecuentes sobre Chuza!

 

  • "Que é chuza?

    Chuza! é un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico. Calquera pode enviar historias e a comunidade de internautas é quen as valora, as comenta e decide se publicalas na páxina principal, de forma que non intervén nunca a figura do editor

  • Que é iso de chuzar e chuzada?

    Chuzar é o nome que escollemos para darlle importancia a unha historia cun voto, isto faise clicando debaixo do número de votos (chuzadas) que hai na parte esquerda de cada historia. Chuzar = votar.

  • Cantas veces podo chuzar?

    Cando podes chuzar unha historia aparecerá un cadro gris debaixo do seu número de votos actuais co texto "chúzao", premendo aí daraslle un voto a esa historia. O sistema garda a dirección IP do equipo dende onde chuzaches e non deixa facelo outra vez dende esa IP. Se estás nunha rede local con varios equipos como un aula, cíber, oficina... sentímolo moito.

  • Cómpre rexistrarse?

    Só é necesario facelo para enviar historias e engadir comentarios.

  • Que é iso do karma?

    O karma é un valor que ten asociado cada usuario que mide a súa importancia dentro da comunidade. Comezas con 6 puntos de karma e este aumenta cando envías historias, as túas historias pasan a portada, comentas ou chuzan as túas historias e diminúe cando reportan problemas sobre as túas historias entre outros moitos factores. Canto máis karma teñas máis valen os teus votos. Se pasas de 18 puntos de karma o teu status de usuario pasa a ser especial podendo editar calquera das historias como se as enviaras ti.

  • Como enviar historias?

    Debes rexistrarte antes, é moi facil e moi rápido. Logo clicas en enviar historia. Trátase dun proceso de tres pasos simples, e despois diso a historia sera enviada á cola de pendentes. Cun voto inicial automático que é o teu.

  • Que tipos de historias se deben enviar?

    As que queiras. Cousas que creas que lle poidan interesar á comunidade por algunha razón. Despois de envialas a súa importancia e polo tanto a sua publicación en portada estará determinada polas chuzadas dos usuario."

  •  

    Podedes acceder a este sistema na seguinte ligazón

    Chuza!

    O  blogue de Chuza!, onde podedes consultar novedades sobre deste sistema,  é o seguinte

    Blogue Chuza!

    Se queredes contactar con alguén responsable de Chuza! podedes enviar a vosa mensaxe ao seguinte correo-e

    bertez@gmail.com

     

    Xa podedes rexistrarvos, mandar as vosas historias e,  sobre todo poñervos a CHUZAR!!

     

     

     

     

     

     

    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

    Como boa parte de vós sabedes, o domingo 18 de outubro do 2009 tivo lugar en Santiago de Compostela unha multitudinaria greve a favor do idioma galego e en contra das medidas lingüicidas do goberno da Xunta de Galicia (PP) que pretenden exterminar toda presenza pública da lingua galega. Nesta manifestación, á que acudiron 50 mil persoas (segundo fontes da policía) e 100 mil (segundo cálculos dos convocantes) entre as que se atopaba a Asociación Cultural Garipano, tivo lugar un suceso penoso, miserento, miserable, falaz, noxento, mesquiño, desprezable, indigno, cativo, ruín, infame, vergoñoso, escandaloso, perverso, intolerable, malvado, nocivo, mao ...a verdade é que calquera adxectivo cualificativo negativo acaería moi ben á situación que alí se vivíu. Estamos falando do momento no que a TVG (Televisión de Galicia) tentou manipular e censurar a presenza dos milleiros e milleiros de persoas que se atopaban na Praza da Quintana. Desde aquí e, pertencendo á rede de Blogues en defensa da lingua galega, unímonos á ciberacción contra a manipulación da RTVG na manifestación.
    Por iso queremos transmitirvos a seguinte mensaxe, confiados de que, polo menos, alguén de vós a poda ver, ler e saber o que aconteceu realmente na Manifestación Queremos Galego!!

     

    O domingo 18 de outubro entre 50.000 (cifra dada pola Policía Local de Compostela) e 100.000 (cifra dada pola organización) galegas e galegos, de diferentes adscricións ideolóxicas, estratos sociolóxicos, e usos da lingua, nos manifestamos na defensa do noso idioma fronte o reiterado ataque que está a sufrir por parte do goberno da Xunta de Galiza presidido por Alberto Núñez Feijóo (PP), convocadas e convocados pola Plataforma Cidadá Queremos Galego integrada por unha diversidade plural de centos de colectivos e persoas.

    Os medios de comunicación públicos do noso país (a Radio Galega e maila Televisión de Galicia) non ofreceron unha información veraz que se axustase á realidade do verdadeiro impacto que tivo a mobilización, que contou cun resultado histórico en participación. Nese senso é preciso denunciar a obscena manipulación que por parte dos Servizos Informativos da TVG se quería levar a cabo, pretendendo iniciar unha conexión en directo coa manifestación, no momento xusto en que a primeira lectura do manifesto rematara, e as xentes que ateigaban a Praza da Quintana ían abandonándoa paulatinamente para permitir a entrada dos milleiros de persoas que inda non puideran entrar, e que agardaban nas Praza das Praterías e os seus arredores, e que finalmente encheron por segunda vez a Quintana. É evidente que a distorsión informativa tiña a intencionalidade de ofrecer unha imaxe minorizada dunha mobilización masiva, nun intento claro de manipulación que os milleiros de persoas presentes contestaron berrando, durante preto de dez minutos e con notábel indignación, a consigna "Televisión, manipulación", o que provocou que o equipo da TVG abandonase a praza.

    Fronte a esa situación é preciso denunciar e difundir publicamente o acontecido, ao tempo que esixir que os medios de comunicación que pagamos todas e todos os galegos, deixen de ser un instrumento para a deformación interesada, cando non para a propaganda, en beneficio do Partido Popular no goberno do país.

     

    CONTRA A MANIPULACIÓN PERVERSA DA RTVG!!!

     

     

    Prostesas dos manifestantes contra o directo da TVG na Praza da Quintana

    Cando o xornalista interviña en directo, desde a Quintana, para a TVG para "presentar" a Manifestación, a xente xa levaba berrando "Televisión, Manipulación" un bocado.

    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

    Queremos compartillar convosco un vídeo atopado no Youtube gravado na Universitat Oberta de Catalunya, no que se pode ollar e escoitar unha conferencia a mans de Juan Carlos Moreno e que leva por título "La Lingüística y el nacionalismo lingüístico español". Juan Carlos Moreno é un lingüista español, catedrático de Lingüística Xeral na Universidade Autónoma de Madrid. Mediante este vídeo, moi ilustrador, queremos denunciar a situación lingüística que se está a vivir na Galicia en contra de todo o que signifique "galego". 

     

     

    Agardamos que gocedes do vídeo.

    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

     

     

    Por que non falar tamén de Etiquetal?

    No propio web de etiquetal podemos ler o seguinte:

     "eTIqueTAL é un proxecto da Asociación Cultural Fillos de Galicia,  entidade sen ánimo de lucro que ven xuntando galegos en Internet desde hai moitos anos. Foi posto en marcha grazas ao apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia".

     "A mellor forma de axudares a este proxecto é espallando o seu coñecimento na Rede. Cantas máis persoas participen será máis divertido e poderemos atopar todos máis xente afín. Evos o típico servizo que requere un certo número de usuarios para comezar o denominado efecto bola de neve." (...)  "E dáresnos ideas para mellorar o web tamén é moi interesante! Usa a ligazón que di Contacto no menú da dereita para todas estas achegas."

    "Dado que este proxecto foi creado para potenciar o emprego do galego pola mocidade, o idioma das páxinas é o galego, e solicitamos aos usuarios que sexa ese o idioma no que poñan as súas frases, as súas etiquetas, as súas mensaxes... Loxicamente haberá nomes propios e cousas noutros idiomas, principalmente nas etiquetas, pero pedimos aos usuarios que sempre empreguen o galego para se comunicaren entre eles. Se é preciso procederemos a filtrar contidos que non estean en galego das nubes de etiquetas."
     
    Ademais na mesma páxina de inicio deste sistema podedes ler toda a axuda necesaria, claramente explicada, para darse de alta e empregar esta rede social sen ningún tipo de problema.
    Con etiquetal podes poñerte en contacto co medio millar de persoas que se atopan rexistradas nesta rede social. Neste senso podes enviarlles mensaxes, crear un perfil, participar no batepapo (unha especie de chat en directo coa xente que se encontre conectada nese momento), discutir sobre a leria da semana (unha pregunta ou frase colgada do sistema) co resto de participantes, recibir tiques (puntos) segundo a túa actividade, definirte usando etiquetas (palabras que describen os teus gustos) para atopar a máis xente que teña afinidade contigo, etc
    Rexístrate agora en Etiquetal e coñece a unha boa presada de xente!!
    Agardamos que sexa do voso gusto.
    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

     

    Xa que andamos a miúdo pola rede, gustaríanos presentarvos o sistema Lareta (http://lareta.net/), é dicir, un servizo de microbloguexo feito na Galiza. Neste espazo, os usuarios envían notiñas, mensaxes curtas duns 140 caracteres, aos seus amigos e fans empregando a Web, RSS ou mensaxería instantánea. É moi sinxelo rexistrarse, e, ademais, unha vez feito este paso, un mesmo pode buscar a xente e subscribirse a ela (tanto se é xente coñecida coma se non), crearse un bo perfil, enviar invitacións a xente que coñeza (para que se una ao servizo) a través do seu correo-e, etc... Lareta recorda moito a sistemas como Twiter, Jaiku, Pwounce ou Plurk, mais non é exactamente igual a eles. O software que emprega Lareta coñécese como Laconica e aínda é noviño de todo...atópase nos seus primeiros pasos, polo que, xa que logo, moitas características que a xente agarda encontrar non se incorporaron (imaxes, vídeos, mapas, conexión con Facebook, mensaxes tirados do Twiter, Jaiku, Pwounce...). Sendo así, agardamos que o sistema se vaia mellorando e completando aos poucos.

    O blogue de Lareta é o seguinte:

    Blogue Lareta

     

    Esperamos que todo sexa do voso agrado.

    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
    6
    out

    Cabozo

       Publicado por: Asociación Cultural Garipano Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

     

    banner cabozo

    De seguido presentámosvos unha rede social Made in Galiza (feita en Galicia e en galego). É similar ao tuenti ou ao Facebook, mais coas súas particularidades; moi simple e de fácil manexo. Para rexistrarte só terás que dar un nome de usuario, unha seña (ou contrasinal) e un correo-e de contacto. Non necesitas activar a túa alta nin cousas polo estilo. Estamos falando de CABOZO.

    Tal e como pón na páxina de inicio de Cabozo: " Con Cabozo podes crear grupos, chatear, compartir novas interesantes, ou xusto dicir o que estás facendo. E ademáis compartir imaxes, arquivos e eventos coa túa familia, amigos, compañeiros de traballo, noivo, noiva ou con quen ti queiras".

    Xa son máis de 1500 cabozeiros (persoas rexistradas). Valo perder????!!!!

    ÚNETE!!!!

     

    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

    Vimos de atopar hai uns días unha páxina da Xunta onde se presentan diferentes recursos educativos atinxentes a diferentes níveis da ensinanza.

    A páxina web é a seguinte:

    Recursos educativos

    Non podemos falar, a día de hoxe, positivamente da política lingüística que está a levar a cabo a actual Xunta de Galicia; mais ben só podemos ter palabras moi negativas cara ela; aínda así, desde Garipano sempre aproveitaremos para incluír no noso blogue calquera recurso que poida resultar aproveitable.

    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
    23
    ago

    Libros en galego

       Publicado por: Asociación Cultural Garipano Tags: , , , ,

    Abrimos unha nova sección na que, ao poucos,  iremos introducindo novidades da literatura galega e que poidan interesar.

    Agardamos que sexa do voso agrado!!!

    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google